O director xeral de Función Pública convocounos a unha xuntanza da Comisión de Persoal que terá lugar o mércores 22/11/23, coa seguinte orde do día para a súa aprobación:

  1. Modificación da RPT de Medio Rural. Descargar
  2. Modificación da RPT de Facenda e Administración Pública. Descargar
  3. Modificación da RPT de Sanidade. Descargar

Como xa é costume, un cachondeo de "negociación" porque esta documentación é a mesma que nos enviaron para a mesa sectorial do día anterior (21/11/23), o que se traduce en que o principio de boa fe que debe presidir toda negociación vano pasar por onde se enfían as agullas.