Na xuntanza da Comisión de listas de contratación que tivo lugar o 24 de xaneiro informaron do seguinte:

- No DOG do 30 de xaneiro está previsto que se publiquen as listas de contratación coas novas inclusións do ano 2023 que estaban pendentes de publicar.

- Plan de reforzo dos Equipos de Valoración e Orientación Discapacidade (EVOS): a consellería de Política Social pediu autorización para cubrir a través das listas de contratación de persoal laboral un posto de médico/a, mentres se manteña o Plan de reforzo.

- Plan Corresponsables de Galicia: solicítan autorización para facer uns chamamentos a través das listas de contratación de persoal laboral do grupo III, categoría 90 (animador/a sociocultural) para toda Galicia. Para cubrir os postos en Lugo terán que facelo a través dun chamamento ao Servizo Público de Emprego (SEPE). A aceptación destes chamamentos será voluntaria.

- Agacal: solicitan autorización para a cobertura dun posto a través das listas de contratación de persoal laboral do grupo III, categoría 68 (oficial/a 1ª agrario. Capataz agrario) para un Proxecto de avaliación e comercialización das prantas da vide. A aceptación deste chamamento será voluntaria.