A Administración enviounos unha proposta de Acordo de condicións de traballo (parcial) para o persoal bombeiro forestal funcionario do SPIF da consellería do Medio Rural. Ás portas das eleccións autonómicas entroulles a présa e teñen pretensión de rematar a negociación e aprobar a proposta nestes días. Descarga a proposta

Ante a necesidade urxente de tratar as cuestións descritas nesta proposta co persoal afectado, a CIG convoca unha asemblea telemática para podermos valorar a proposta todas e todos xuntos.

A asemblea comezará ás 18:00 h do mércores 31 de xaneiro, dende a seguinte ligazón:

https://forga.my.webex.com/forga.my/j.php?MTID=m26ea99a17f7c834e549e78e4d9193638

Número de reunión: 2363 985 5882

Contrasinal: 573Eu

Para asegurar a participación con respecto e responsabilidade de todos e todas, temos que seguir unhas normas básicas na videoconferencia.

  • Identifícate co nome e o distrito, e procurar manter a cámara acesa
  • Solicita a palabra para intervir
  • Mantén o micro apagado cando non esteas no uso da palabra
  • Respecta o uso da palabra e as opinión dos compañeiros e compañeiras
  • Non graves nin deites os comentarios fóra da plataforma, respectar a intimidade e a liberdade de expresión

Se tes calquera problema ou cuestión sobre a conexión, non dubides en contactar cos delegados/as da CIG. Tamén temos ao teu dispor os locais da CIG para realizar a conexión.