Pomos a túa disposición o listado actualizado a 20/02/24 da relación de prazas para os concursos de traslados de corpos xerais e de das escalas de enxeñarías, arquitectura e ciencias (A1 e A2).

Moitas das alegacións que recibimos non son correctas, pois ou non son destes dous concursos, ou a súa cobertura non é mediante concurso ordinario (moitas son de concurso específico), e mesmo nalgúns casos os códigos non existen no conxunto da RPT. Porén, o novo listado xa inclúe algunhas das que alegamos, pero faltan outras por revisar por parte de Función Pública.

As palabras do director xeral de Función Pública o día da aprobación do concurso foron que teriamos esta semana para alegar. Despois veremos (dependerá da data de publicación en DOG).