No DOG do 05/04/2024 publican:

- RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 2024, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas do concurso para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos e escalas de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escalas de axentes facultativos ambientais e axentes forestais, convocado pola Resolución do 30 de novembro de 2023.

- RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 2024, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas do concurso para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala de inspectoras e inspectores de consumo e do corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala de axentes de inspección, especialidade de consumo, convocado pola Resolución do 6 de febreiro de 2024.

- RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 2024, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas do concurso para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos e escalas de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escalas do Servizo de Gardacostas de Galiza, convocado pola Resolución do 6 de febreiro de 2024.

A relación de persoas admitidas e excluídas publicarase no portal web corporativo da Xunta de Galiza, http://funcionpublica.xunta.gal, na epígrafe <concurso de traslados>.

A listaxe de persoas solicitantes excluídas figura como anexos destas resolucións, no seu caso.

As persoas excluídas disporán dun prazo de dez días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para, de ser o caso, poder emendar o defecto que motivou a exclusión. O formulario de reclamación estará á disposición das persoas interesadas no portal web corporativo da Xunta de Galiza e deberá cubrirse e presentarse electronicamente.

Aquelas persoas que non figuren na relación de admitidos nin na de excluídos e solicitasen participar no concurso disporán de igual prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza, para formular a súa reclamación.