Dende as 9:00h do día 20 de marzo está aberto o prazo de matrícula para os cursos da 2ª convocatoria de formación continúa da EGAP. A matrícula realizarase a través da “zona de matrícula” da súa páxina web e o prazo rematará ás 14:00h do 30 de marzo. Podedes atopar a relación dos cursos ofertados nesta segunda edición no seguinte enlace. A convocatoria oferta un total de 43 cursos nas diferentes modalidades de teleformación e presencial, agrupados en diferentes áreas de coñecemento. Coma sempre, o límite máximo de matrícula é de 5 cursos.

Estes cursos de formación continua réxense pola Resolución do 15 de xaneiro de 2009 pola que se publica o plan de formación continuade empregados da Administración xeral da Xunta de Galicia para o ano 2009 e as bases para a participación nestas accións formativas (DOG 21/01/2009). Lembrámosvos que poderán participar nas accións formativas que se convoquen con base a este plan: o persoal da Administración da Xunta de Galicia que se atope en situación de servizo activo ou excedencia por coidado dun fillo ou dun familiar e que reúnan os requisitos establecidos en cada curso. Está excluído o persoal docente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e o persoal sanitario, sempre que non desempeñen postos na Administración xeral.