Novas por contido

O mércores 15 de novembro, os delegados e delegadas da CIG vamos a concentrarnos en San Caetano pola xornada de 35 horas, as promocións internas anuais e os concursos de traslados permanentes.

Convidamos a participar ao persoal que poida achegarse ás 11 horas diante do edificio da Xunta.

Retomamos así a concentración prevista para o día 2 de novembro e que tivemos que suspender por prudencia ante a alerta metereolóxica daquel día.

Rueda, escoita, estamos en loita!

O persoal do Servizo de Prevención de Incendios Forestais, emisorista, vixiante e bombeiro forestal leva meses sen estar acollido polo V Convenio e os seus dereitos laborais quedaron no aire tras a funcionarización. 

Ademais tanto o persoal laboral de seis meses como o persoal temporal, e o que non se funcionarizou non se atopa hoxe nunha situación millor xa que o convenio ten dereitos permanentemente suspendidos e están a sufrir abusos constantes que se suman a precaridade histórica no persoal que traballa na loita contra os incendios forestais na Galiza. 

Queremos negociar as nosas condicions laborais 

+ dereitos + seguridade - abusos = acordo de dereitos laborais

E por isto: 

  • Non aceptamos propostas por debaixo do V Convenio
  • Loitamos por un servizo profesional con emprego de calidade
  • Non máis abusos a base de circulares e instruccións ou cun Pladiga imposto

MOBILIZATE POR UN BO ACORDO DE DEREITOS LABORAIS

  • Autobus Ponteareas-Porriño-Pontevedra
    • 8.40 dende ponteareas
    • 9,00 porriño (discoteca Queen)
    • 9,25 Pontevedra (pavillón deportes)
  • Autobús Ourense
    • Primeira parada: Verín, Mi Rinconcito as 8:30.
    • Segunda parada: Xinzo de Limia na Estación de servizo Cepsa Antela as 9:00.
    • Terceira parada: Ourense onde as cafeterías Asgalla e Galena onde o aparcamento as 9:30.
    • Cuarta parada: na rotonda o lado da Gasolineira Avia 9:50
    • Última parada: Santiago en San Caetano
  • Estamos xestionando outro autobús no Barco-Monforte-Chantada. Contacta coa CIG na túa comarca.

No DOG do 10/11/2023 publican o DECRETO 143/2023, do 9 de novembro, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario e laboral da Administración xeral e das entidades instrumentais do sector público autonómico da Comunidade Autónoma de Galiza para o ano 2023.

O anexo I recolle as prazas que se ofertan para cubrir as necesidades de recursos humanos, con asignación orzamentaria, que deben proverse mediante a incorporación de persoal de novo ingreso con cargo á taxa de reposición de efectivos prevista para o ano 2023.

O anexo II recolle as prazas que se ofertan de promoción interna, cuxos procesos selectivos se realizarán en convocatorias independentes das ordinarias de novo ingreso.

O anexo III recolle as prazas que se ofertan de promoción interna para o persoal laboral fixo da Administración xeral da Comunidade Autónoma que van ser obxecto dun proceso de funcionarización, nos termos sinalados na disposición transitoria primeira da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galiza, e na disposición transitoria segunda do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro.

O anexo IV recolle as prazas que se ofertan de promoción para o persoal laboral fixo da Administración xeral da Comunidade Autónoma, nos termos sinalados na disposición adicional décimo sétima da Lei 2/2015, do 29 de abril.

O anexo V recolle as prazas de persoal laboral de entidades instrumentais do sector público autonómico da Comunidade Autónoma de Galiza para o ano 2023.

A Dirección Xeral de Función Pública enviounos os borradores das convocatorias dos procesos selectivos de prazas reservadas para ser cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, das escalas de:

  • Persoal de Servizos Xerais (PSX), subgrupo C2. Descargar
  • Especialidade de limpeza e cociña (agrupación profesional). Descargar

A Xunta vai licitar a xestión privada das residencias da Fundación Amancio Ortega

A CIG esixe a xestión pública directa das residencias de maiores

A Xunta volve “externalizar” para as empresas privadas a xestión dos servizos públicos e licita os servizos de atención das dúas primeiras residencias de maiores das sete doadas pola Fundación Amancio Ortega.

A rede pública, de xestión tamén pública, é a única que garante un servizo de calidade e protexe as persoas usuarias fronte aos abusos das empresas que prestan estes servizos, como xa se viu na pandemia da COVID.

Na pandemia, o 94,3% das mortes nas residencias galegas nos primeiros 9 meses foi en centros de xestión privada. Dos 509 falecementos, 480 eran usuarios/as de centros a cargo de entidades privadas, incluídas as públicas con xestión privada, mentres que os restantes 29 falecidos/as (5,7%) producíronse en residencias de xestión directa e con persoal público (datos obtidos tras a unha sentenza do TSXG do 23 de maio de 2022)

Por outro lado, de todos é sabido que sobre o que costa dar un servizo con centros e persoal público, hai que engadir neste caso o beneficio empresarial, e as grandes empresas queren trincar ben neste gran bocado que é o sector da atención á dependencia.

Vén a conto neste momento lembrar tamén a denuncia pública feita polos Inspectores de Servizos Sociais no mes de agosto na que acusaban á Consellería de Política Social e Xuventude de “filtrar” aos centros de maiores privados a data das visitas, obstaculizando a súa eficacia na supervisión e control.

Estudos realizados tras a COVID19 sobre as persoas maiores das residencias avaliaron a relación entre o número de persoas falecidas na pandemia co tamaño das residencias e a súa xestión (pública ou privada) e constatouse que a porcentaxe foi moito maior nas residencias privadas que nas públicas. 

Elementos como o gasto público, cociente de cobertura, titularidade e tamaño tiveron unha relación directa cos falecementos nos centros residenciais. 

Pasou pouco tempo dende que o goberno galego, para blanquear a nefasta xestión das residencias e a xestión da dependencia, apostou publicamente por un cambio na xestión, tamaño e distribución das residencias ao longo do territorio. Todo era lavado de cara e propaganda. 

Precísase que a xestión das residencias sexa pública, con persoal público e garantindo a universalidade do servizo de atención á dependencia. 

 Volvemos dicilo as veces que faga falta: O público é servizo, o privado beneficio!!!

Na Comisión de Persoal do día 06/11/2023 se levaron a votación os seguintes asuntos.

Oferta de emprego 2023

Oito minutos antes do comezo da Comisión de Persoal, Función Pública envíanos un novo borrador da OEP 2023 con cambios. O fundamental é que se incrementan as prazas do anexo II (promoción interna independente do persoal funcionario).

No caso da promoción ao corpo de xestión (subgrupo A2) se incrementan as prazas pasando de 30 a 60. E no caso do corpo administrativo (subgrupo C1) as prazas pasan de 50 a 100.

Para a CIG este incremento é insuficiente, tanto para o caso concreto destes dous corpos onde se detecta un grande número de aspirantes, como tendo en conta os outros dous, o corpo superior (subgrupo A1) e o corpo auxiliar (subgrupo C2), que é precisamente onde quedan prazas vacantes, e non porque non haxa aspirantes se non porque nestes dous casos o modelo de promoción interna demóstrase que falla.

Pero a maiores disto non atenderon a demanda de estender a promoción interna ao resto de escalas e aos corpos especiais.

Das alegacións da CIG non atenderon a ningunha:

Non hai promoción cruzada.
Non hai opción de elixir destino ou abrir o posto ao subgrupo superior.
Seguen sen fixar o concurso-oposición como sistema de acceso en libre.
Seguen funcionarizando á baixa ao grupo III-99.
Os tribunais seguen sendo de designación política.
Non aceptan a taxa adicional do RD-l 5/2023.
Non aceptan desenvolver o grupo B.
Etc.

Polo tanto o voto da CIG é EN CONTRA.

Puntos 3º, 4º, 5º, 6º. Procesos de funcionarización do persoal laboral fixo na modalidade específica (aprobados do último proceso de consolidación)

Seguen mantendo a pago de taxas, pero no fundamental aceptan o buzón de preguntas e respostas. Para nós estes procesos son prioritarios, e pensamos que hai que poñelos en marcha canto antes porque deben ir por diante dos procesos de temporalidade, polo que a pesar de que non son as bases óptimas, si van cumprir co seu cometido e por iso a CIG VOTA A FAVOR.

Punto 7º. (Engadido na propia Comisión de Persoal). Aclaración de Función Pública sobre o pago do incremento adicional do 0,5% en 2023

O director xeral di que se pagará na nómina de novembro.

Como este asunto ven derivado da normativa básica para a CIG non ten discusión que se faga. Agora ben, queremos facer constar que partindo de que este incremento deriva de ter un incremento do IPC de máis do 6% e que este 0,5% vai situar o incremento dos nosos salarios nun 3%, é dicir, unha PERDA DO 3% do noso poder adquisitivo.

E isto deriva dun acordo sindical de CCOO e UGT onde NON se estableceu unha cláusula de revisión salarial. Curiosamente un destes sindicatos nos quere convencer na propia Comisión de Persoal do beneficioso deste acordo que sumado á carreira profesional fan que case non perdamos poder adquisitivo.

Recoñecen que se perde poder adquisitivo e recoñecen que a carreira profesional está destinada a paliar a perda do mesmo. Un gran negocio.

Rogos e preguntas

• Reiteran que hoxe enviarán o buzón de postos da escala de traballo social para a elección de destino. Irán 81 prazas (29 de persoal interino que aprobou, 3 vacantes puras antigas, 15 vacantes puras de nova creación,  20 prazas de interinos de 2017 ou posteriores, 6 comisións de servizo de nivel 18 e 20 e 6 postos de concurso específico de directores de centro social de nivel 21, das cales varios cubertos por interinos no 2022).

• Preguntamos que acontece con varias especialidades das escalas de enxeñería (montes, forestais, agrónomos e agrícolas) e emisoristas, vixiantes fixos, bombeiros forestais e condutores de motobomba, que están a recibir correos para que o persoal interino colla as vacacións, o que indica que as tomas de posesión están próximas. Confírmanos que se enviarán neste mes de novembro. Tamén supoñen que será o mesmo no caso de gardacostas.

• Proximamente enviarán o borrador o decreto de investigadores.

 

Oferta raquítica

Estamos outra vez ante unha oferta de emprego raquítica. Das 1.000 prazas de administración xeral recollidas neste borrador, 596 son de libre (e destas 334 son de 6 meses) e o resto de promoción interna que non computan na taxa de reposición. Isto tanto para as prazas de promoción interna de corpos xerais como para os procesos de funcionarización de persoal laboral fixo dos anexos III e IV.

Promoción interna de escalas e especiais, nada. Libre de corpos xerais, pouco

No caso da oferta de acceso libre é chamativo que non conste ningunha praza de corpos xerais agás as 19 do corpo superior e as 10 do corpo subalterno. Isto contrasta co extremo oposto no caso da promoción interna onde non se contempla ningunha praza para escalas e corpos especiais. De aí que pareza lóxico que todas as escalas e corpos especiais teñan en cada oferta de emprego prazas que non pechen un dereito ás persoas empregadas públicas.

A maiores disto, e tendo en conta que a promoción interna non computa na taxa de reposición, deberían, sen minguar a oferta de libre, incrementar a promoción interna da oferta de libre de xeito que fose o 50% do total da oferta libre e contemplar a posibilidade de unila en convocatorias únicas de cada corpo ou escala á promoción interna separada.

Promoción interna: hai vida máis aló de quedar ancorado a unha praza

No artigo 3.4 do borrador se establece que as persoas que superen o proceso de promoción interna se lles dará destino no mesmo posto que veñen desempeñando sempre que estivese aberto ao corpo ao que se acceda.

Excepto nunha anterior oferta de emprego onde se contemplaba que o mesmo podería suceder para aqueles que o seu posto non estivese aberto ao corpo inmediatamente superior, que se modificaría automaticamente pasando a ser aberto, non houbo ningún esforzo intelectual por mellorar este sistema, de tal xeito que hai persoas ás que promocionar lles pode supoñer renunciar á mobilidade e ao cambio de localidade, ao quedar no mesmo posto, e outros aos que lles gustaría ter a posibilidade de quedar no mesmo posto se van ver obrigados a elixir outro destino.

De aí que consideramos que se deixen abertas as tres posibilidades, a de acudir a unha elección de destino, a de permanecer no posto e que si está pechado a un corpo se abra ao superior, e a citada no borrador. Non hai ningún problema técnico que o impida; a informática, como San Bieito, é o santo máis milagreiro.

Promoción interna: obsesión pola exclusión de escalas

Xa hai anos que dende a CIG vimos defendendo a posibilidade de promocións internas cruzadas, tanto horizontais como verticais entre todos os corpos xerais, escalas e corpos especiais. Que existe unha problemática no caso dalgúns corpos e escalas onde é posible que existira un fluxo en determinado sentido e non no oposto, é algo do que somos conscientes. Pero a existencia de problemas nestas propostas non é algo que impida que deba ser estudado e tratado.

Somos tamén conscientes de que en certos casos é a normativa legal a que impide que se poida chegar a un horizonte de total mobilidade, pero o mínimo que ten que facer esta administración é tratar e estudar este tema, e no caso concreto desta oferta formular unha proposta de apertura a algunhas escalas ou buscar fórmulas para ponderar o impacto desa apertura nos procesos de promoción interna ou chegar a unha modulación da pertenza ou non a determinado corpo ou escala.

Propaganda co teito de gasto que non se reflicte na oferta de promoción interna

Reiteramos que a promoción interna non consume taxa de reposición e por tanto, despois de máis dunha década de ofertas de emprego minúsculas, nun ano que se presume expansivo e onde o teito de gasto segundo declara a Xunta de Galiza é o maior de todos os tempos, o persoal empregado público merece ser tido en consideración facilitando a súa mobilidade e promoción vertical.

Oferta de acceso libre: de concurso-oposición

Como demanda histórica da CIG sempre apostamos polo concurso-oposición como sistema de acceso ao emprego público. E creemos que así debe constar nesta oferta de emprego.

Funcionarización á baixa

Nesta oferta plásmase un dos problemas da funcionarización pactada, neste caso xa denunciado dende hai tempo o persoal coidador do grupo III-99 se funcionarizará no subgrupo C2 no canto do C1. Non están por crear a escala e seguen adiante.

Tribunais

Mentres non se acepte un sistema de sorteo, como noutras administracións, pensamos que a parte social ten que ter a capacidade de proposta dun membro de cada tribunal.

De onde saen os datos?

Como todos os anos, a administración pretende que comulguemos con rodas de muíño. Temos que supoñer que os datos derivados da taxa de reposición son os 596 postos de acceso libre (sin saber se iso representa o tope permitido da taxa de reposición do 110% ou 120% segundo os casos como se contempla na normativa básica e no borrador da lei de acompañamento dos orzamentos) sen que aporten as táboas dos postos que xeran esas prazas.

Parece prudente declarar que si non hai datos de todos e cada un dos postos, non podemos ter a seguridade de que a Xunta está chegando ao tope da taxa de reposición permitida.

Taxa de discapacidade

Débese repartir en concordancia cos datos facilitados polo Consello Asesor, e repartirse a taxa por igual entre subgrupos altos e baixos. Lembramos que está pendente de constituírse un grupo de traballo para determinar que postos son os acaidos para dar destino ao persoal con discapacidade intelectual.

A taxa adicional do RD-l 5/2023

E tal e como comentamos anteriormente, si hai prazas que non computan na taxa de reposición, a Xunta ten a obriga legal e moral de recollelas na oferta de emprego. A promoción interna non computa, a funcionarización do persoal laboral fixo non computa e finalmente, as prazas derivadas da lei 20/2021 tampouco computan. E por extensión as do RD-l 5/2023 tampouco.

Por iso solicitamos que den cumprimento ao art. 217 do citado Real Decreto-lei e se inclúa nesta OEP a taxa adicional computando o número de prazas de natureza estrutural, ocupadas de forma temporal a 30 de decembro de 2021, por persoal cunha relación desa natureza anterior al 1 de xaneiro de 2016, que non tivese superado o proceso de estabilización convocado con un sistema selectivo distinto ao previsto na disposición adicional oitava da Lei 20/2021, de 28 de decembro.

Grupo B para cando?

Igual que todos os anos seguen introducindo una disposición transitoria (algo que leva case 20 anos sendo transitorio en realidade é permanente) onde insisten en que o corpo de técnicos de carácter facultativo deberá desenvolverse regulamentariamente e mentres tanto se encadrarán no subgrupo C1.

Parece unha broma que quen ten a capacidade de facer tal desenvolvemento regulamentario, como é a Xunta de Galiza, nolo presente como que é algo alleo á súa vontade. A indolencia non é desculpa, e o encadramento debe realizarse no grupo B sen que teña que existir ningunha regulación adicional

Ante a situación meteorolóxica de alerta laranxa en toda a provincia da Coruña e grande parte do país, e vermella no litoral, decidimos SUSPENDER a concentración que mañá xoves día 2 de novembro, íase celebrar ás 11:00 en San Caetano.

Xa que á concentración acudirían compañeiras/os de todo o país, por prudencia é mellor non realizar desprazamentos.

Continúan adiante as asembleas programadas para a seguinte semana e retomaremos a mobilización en canto sexa posible.

Desculpade as molestias.

 

+ Promocións internas anuais

+ Concursos permanentes

35 horas

 

Función Pública vén de convocarnos a unha Mesa Xeral para o vindeiro venres 3 de novembro no que se tratarán os seguintes asuntos:

- DECRETO XXX ... /2023, do  de  , polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario e laboral da Administración Xeral  e das entidades instrumentais do sector público autonómico da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023. Descarga o borrador.

- Resolución do XX de XXX de 2023 da Dirección Xeral da Función Pública pola que se procede á apertura do prazo para solicitar a participación nos procesos de funcionarización polo persoal laboral fixo que se atope en situación de excedencia voluntaria, excedencia voluntaria por incompatibilidade ou por prestación de servizos noutra Administración pública e se aproba e se dá publicidade ao modelo de solicitude de participación (código de procedemento XXXX). Descarga o borrador.

- Resolución do XX de XXX de 2023 pola que se convoca o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral e corpo facultativo superior da Administración especial da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao Grupo I, do V convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, mediante o seu cambio de vínculo xurídico. Descarga o borrador.

- Resolución do XX de XXX de 2023 pola que se convoca o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo de xestión da Administración xeral e corpo facultativo de grao medio da Administración especial da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao Grupo II, do V convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, mediante o seu cambio de vínculo xurídico. Descarga o borrador.

- Resolución do XX de XXX de 2023 pola que se convoca o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo administrativo da Administración xeral, subgrupo C1, e do corpo de técnicos de carácter facultativo da Administración especial, grupo B, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao Grupo III, do V convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, mediante o seu cambio de vínculo xurídico. Descarga o borrador.

- Resolución do XX de XXX de 2023 pola que se convoca o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo auxiliar da Administración xeral e do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial, subgrupo C2, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao Grupo IV e V, do V convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, mediante o seu cambio de vínculo xurídico. Descarga o borrador.

- Resolución do XX de XXX de 2023 pola que se convoca o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira da agrupación profesional de persoal funcionario do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao Grupo V, do V convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, mediante o seu cambio de vínculo xurídico. Descarga o borrador.

Función Pública vén de remitirnos o buzón de postos que se ofertarán nun vindeiro concurso de traslados para a provisión de postos de traballo vacantes das escalas do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais.

O prazo para facer alegacións rematará o vindeiro luns 6 de novembro de 2023. Descarga o buzón de postos. Se tes algo que comentar, contacta coa CIG.

Outras novas recentes

Luns, 15 Abril 2024

Comisión de seguimento do Acordo do SPIF

Tras a xuntanza da Comisión de seguimento do acordo de condicións do persoal funcionario do SPIF do 10 de abril, a Consellería de Medio Rural enviounos un documento cunha proposta das quendas que quere implantar. Dende a CIG queremos manifestar que fomos facendo distintas achegas, pero tendo en conta que parece ser que a Consellería non quere negociar máis imos facer a nosa...
Venres, 19 Abril 2024

RPT de funcionarización de varios postos dos grupos III e IV

De cara a unha vindeira mesa de negociación, a Dirección Xeral da Función Pública vén de remitirnos unha proposta de modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de postos de persoal laboral da Xunta de Galicia, no corpo de técnicos de carácter facultativo da administración especial (grupo B), no corpo administrativo da administración...
Luns, 15 Abril 2024

O Consorcio ordena facer a programación do período de adaptación... na casa?

A CIG-Autonómica denuncia ante a autoridade laboral a decisión da Xunta e máis do Consorcio de cargar ás traballadoras coas horas de programación sen reducir o horario de atención directa.  O Consorcio impuxo, dentro da xornada de 35 horas semanais, que toda a xornada de traballo fose de atención directa ás crianzas. Esta medida supón un novo atentado contra os servizos...