Novas por contido

No DOG do 13/06/2023 publican:

- RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na categoría 40 do grupo I do persoal laboral da Xunta de Galiza.

- RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso nas categorías 100 e 104 do grupo III do persoal laboral da Xunta de Galiza e do persoal laboral propio do Cixtec (grupo III).

- RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso nas categorías 21 e 33 do grupo IV do persoal laboral da Xunta de Galiza.

- RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso nas categorías 10B, 10C, 14 e 14A do grupo V do persoal laboral da Xunta de Galiza.

As persoas aspirantes poderán consultar o estado das solicitudes de inscrición presentadas e a situación como admitidas ou excluídas en fides.xunta.gal

A listaxe completa de persoas aspirantes admitidas e excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, poderase consultar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal

Así mesmo, e segundo a base I.4 das que rexen o proceso selectivo, nesta listaxe figuran as persoas aspirantes que teñen pendente de acreditar que están en posesión do Celga requirido.

As persoas aspirantes excluídas, as que non figuren en ningunha das listaxes, así como aquelas persoas que non acreditaron estar en posesión do Celga requirido, disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para reclamar ou emendar o defecto que motivou a exclusión ou acreditar que posuían antes do día de finalización do prazo de presentación de solicitudes de participación no proceso selectivo o Celga correspondente.

Hoxe 12 de xuño tivemos Mesa sectorial de persoal funcionario e Mesa Xeral de Empregados Públicos nas que se tratou o seguinte:

RPTs de GAIN e Educación
Sen cambios con respecto ás mesas de negociación previas.

En rogos e preguntas:

Horario de verán
Publicarán a instrucción na web de Función Pública mañá 13 de xuño. Como todos os anos será do 16 de xuño a 15 de setembro (ambos incluidos)

Procesos selectivos lei 20/21
No DOG do 13 de xuño sairá publicada a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas de 10 procesos de persoal laboral por concurso-oposición. Na semana que vén sacarán a listaxe provisional do proceso de persoal funcionario do A1.

Neste mes de xuño tentarán ter publicadas as listaxes provisionais de todos os procesos selectivos tanto de concurso como de concurso-oposición.

O exame de galego teñen intención de facelo a finais de xullo se lles dá tempo, se non quedará para setembro.

Veterinarios/as, educadores/as e auxiliares de clínica
Enviarán hoxe as prazas a ofertar na elección de destino. En auxiliares de clínica engadirán 23 prazas vacantes.

Escala técnica saúde laboral(A2): previsión da elección de destino.
Sen resposta

Integración da Axencia de Turismo
Sen resposta

Carreira profesional no Consorcio
Informamos da confusión que se está a xerar pola aparición nas listaxes de excluidos de persoas que xa están a cobrar o complemento de desempeño e aos que se lle está a solicitar documentación, así como de persoas que xa presentaron a documentación no mes de marzo e que aparecen tamén nas listaxes de excluidos e están sen cobrar. Función Pública manifesta que vai preguntar no Consorcio a ver que está pasando.

Acordo FISP
Vanse xuntar coa consellería para facer unha nova proposta.

Negociación da promoción interna
Iniciarase en cuestión de semanas.

Repesca da funcionarización e PI horizontal de funcionarización
Estará negociada antes do mes de agosto

Medidas de conciliación da vida laboral e familiar no referido aos menores de 18 anos
Tentarán traela proximamente a negociación

Gardacostas (base operativa de Ribeira)
Infórmase a FP que estase retrasando o chamamento de dous postos polas listas de contratación. Van preguntar na consellería polo tema.

 

O director xeral de Función Pública convocounos a unha xuntanza da Mesa Xeral de Empregados Públicos (MX) e da Mesa Sectorial de Persoal Funcionario (MSF) que será o luns 12/06/23, coa seguinte Orde do día:

Para MSF, RPT de GAIN. Descargar

Para MX, RPT de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. Descargar

Ollo: Educación está a tramitar simultaneamente dúas RPT diferentes. Esta é a outra.

A Comisión de Persoal aproba as novas brigadas helitransportadas públicas, unha demanda histórica da CIG, pero son helitransportadas “de segunda” en comparación coas privadas

A dirección política da Administración galega volve a facer valer a súa forza e aprobou este 6 de xuño a relación de postos de traballo (RPT) das novas brigadas helitransportadas. Nesta xornada, na que tivemos unha Mesa Xeral de Empregados Públicos e a Comisión de Persoal, non aceptaron nin unha soa alegación. Tanto lles deu porque, aínda que a maioría sindical demos o noso voto negativo, si lle aceptaron CCOO e UGT. Para mais, as prazas xa están penduradas en comisión de servizos dende o día 5 de xuño.

1. BH “LIXEIRAS”: MINIS E SEN TÉCNICO/A

As novas brigadas helitransportadas lixeiras proveñen da extinción do contrato privado, máis mudan helicópteros medios por lixeiros con menos persoal.

Non o fan por unha cuestión de cartos nin de imposibilidade legal. A lei de orzamentos deixa claro que non computa taxa de reposición e que se pode contratar o mesmo persoal que se extingue na privada. Entón, porque veñen coas rebaixas? Pasan de 11 a 7 bombeiros/as (máximo) e se cargan o/a técnico/a de base. Pedímoslle os datos económicos para ver o aforro que supón recuperar o servizo público, e os do emprego neto (postos destruídos e postos creados), ata en tres ocasións e non respostaron. Que nos agachan?

2. POSTOS ITINERANTES

O persoal vixilante-emisorista vai trasladarse de centro de traballo dependendo da activación do helicóptero sen lles compensar a itinerancia.

3. NIVEIS DIFERENTES

As prazas novas do persoal bombeiro das BH son de persoal funcionarios e póñenlle un complemento de destino superior (nivel) que ao resto de compañeiros/as doutras helitransportadas e que ao persoal de terra. O plus de helitransportada tiña que vir no complemento específico pero non o fan porque estes complementos teñen que meterse nun Acordo de condicións de traballo (non queren que funcionaricemos con dereitos laborais).

4. É UNHA PROPOSTA INCONGRUENTE

O director xeral de Defensa do Monte vende e da discursos mentres fai xusto o contrario: di que “a tendencia e pasar de helicópteros lixeiros a medios” e contrata lixeiros con brigadas pequenas. Di que vai “reforzar o servizo” e o que fai é rebaixalo cargándose acordos previos como o de transformar as prazas vacantes de oficial a bombeiro-conductor, e deixando as brigadas de terra sen un compañeiro/a.

5. PERDEMOS EN SEGURIDADE

Brigadas máis pequenas que son máis inseguras, onde o xefe/a de brigada vai ter que asumir responsabilidades do técnico/a e para colmo helicópteros que cargan moita menos auga.

6. IMPONSE UN REQUISITO NOVO: A PROBA FÍSICA “PACK TEST”

Esta proba non foi negociada, non esta normativizada e non esta nin no convenio. Non podemos tragar coa imposición dun requisito así, aínda que polo de agora só o van esixir no acceso Se tragamos isto... cal será o seguinte prato?

Na CIG loitamos por un servizo 100% público e de calidade polo que non podemos quedar a medias con helitransportadas de “mercadillo”.

O pasado 23 de maio a EGAP publicou no DOG uns novos criterios para o acceso á formación. Como xa adiantabamos en decembro, na última xuntanza do Consello Reitor a EGAP xa anunciara un cambio nos criterios de acceso á formación que imparte, coincidindo co remate de prazos para que os cursos da EGAP sexan valorados nos procesos de estabilización convocados este mesmo decembro de 2022.

A motivación para facer cambios nos criterios sae da xurisprudencia ao respecto que impide a discriminación na selección do persoal en función do tipo contractual, tal e como indicaron dende a Escola, pero que, non obstante, non se menciona nas motivacións dadas no DOG.

Por outra banda, os novos criterios seguen sen atender a ningún tipo de perspectiva de xénero, dado que a EGAP até a actualidade non fixo ningunha diagnose previa para coñecer cal é a situación real de xénero que temos no eido da formación, tal e como establece a normativa estatal de igualdade xa hai máis dunha década. E non só iso, senón que ademais o pouco que hai elimínao ou empeórao. Así, a EGAP indicou en decembro que eliminaba a preferencia do persoal con dificultades de conciliación para acceder á teleformación, argumentando que agora xa case todos os cursos teñen esa modalidade.

Así e todo, e a pesar do anuncio feito en decembro de 2022, a EGAP continúa durante todo o primeiro semestre de 2023 a seleccionar o persoal mediante os criterios obsoletos do ano 2008, manténdoos sen actualizar durante cinco meses máis.

Porén, unha vez publicados no DOG estes novos criterios, comprobamos que non se corresponden cos expostos pola Escola en decembro de 2022, e que aínda que hai certas melloras impulsadas pola xurisprudencia, tamén se manteñen outros criterios xa existentes para empeoralos, que se dividen os criterios en xerais e específicos (datos que non se aclararon anteriormente nin se detalla en que orde se van aplicar), e que se dilata a entrada en vigor outros tres meses desde a data de publicación no DOG.

En concreto a EGAP impón unha penosidade extra ás persoas que tiveron un permiso por conciliación e obriga para ter a compensación do 5% (e que antes era dun 20%) do baremo a non ter obtido ningún curso nos dous últimos anos, transgredindo así non só a normativa de igualdade, senón as propias políticas aprobadas polo Consello Reitor.

Ademais faltan por publicar as porcentaxes de baremación de cada área para poder ter unha verdadeira transparencia á hora de acadar un curso de formación.

Criterios DOG 2008 Criterios EGAP Consello Reitor decembro 2022 Criterios DOG 23 maio 2023 Observacións

 

Non aplican a perspectiva de xénero para garantir a igualdade no eido da formación.

 

Sen cambios: inaplicación da perspectiva de xénero aos criterios.

 

Sen cambios: inaplicación da perspectiva de xénero aos criterios.

A elaboración dos novos criterios e a orde de aplicación ignora a perspectiva de xénero, non responde a un estudo previo da situación nin busca solucionar desigualdades ou discriminacións na formación, tal e como establece a normativa de igualdade en materia de formación.

Prioridade das persoas empregadas públicas fixas sobre as empregadas públicas temporais.

Criterio suprimido a partir de 2023.

                                    -

Criterio discriminatorio eliminado debido á xurisprudencia ao respecto.

Antigüidade Criterio suprimido a partir de 2023.                                     - Criterio discriminatorio eliminado debido á xurisprudencia ao respecto.

 

 

Prioridade na teleformación para persoas que acrediten dificultades de acceso á formación presencial.

 

 

Criterio suprimido a partir de 2023.



                     

                                   -

Criterio en materia de xénero adoptado incumprindo a normativa de igualdade. Este criterio debería ter sido implementado previa negociación coa representación do persoal, e debe aterse ao establecido nun plan de igualdade, previa diagnose da situación.

A EGAP argumenta que dado que a maioría dos cursos son de teleformación non fai falla este criterio.

Posibilidade de limitar o acceso aos cursos a certos alumnos no caso de que se detecte un exceso de participantes dunha determinada consellería ou departamento.

Criterio suprimido a partir de 2023.




                             -
 

 

 

Relación entre o contido do curso e o posto de traballo

 

 

Criterio que se mantén sen cambios a partir de 2023.

             1º CRITERIO XERAL

En primeiro lugar terán preferencia para ser admitidos/as aqueles/as solicitantes que realicen tarefas ou desempeñen funcións directamente relacionadas co contido do curso. Cada convocatoria estipulará a forma de acreditarse a concorrencia deste criterio, de ser necesario. Este criterio non será de aplicación nos cursos cualificados como transversais, por ser de interese para todo o persoal empregado público.

 

 

 

Horas de formación en cursos recibidas ou recoñecidas pola EGAP nos dous últimos anos contados desde a data de publicación da convocatoria.

 

Horas de formación en cursos recibidas ou recoñecidas pola EGAP no ano natural inmediatamente anterior.

Horas de formación dos cursos para os que a persoa interesada teña sido seleccionada no ano en curso (que se ponderará coas horas de formación recibidas no ano natural inmediatamente anterior).

       2º CRITERIO XERAL

No caso de que, logo de aplicar o criterio anterior, exista un número de solicitudes superior ao de prazas ofertadas, para a determinación das persoas que deban ser seleccionadas no curso aplicarase un baremo en virtude do cal se ponderarán as horas de formación recibidas ou recoñecidas pola EGAP no ano natural inmediatamente anterior, coas horas de formación das actividades para as que a persoa interesada teña sido seleccionada pola EGAP no ano en curso. Tendo en conta este criterio, resultarán seleccionadas as persoas que sumen un menor número de horas de formación.

 

 

Criterio inexistente.

 

Menor número de actividades académicas realizadas nos últimos cinco anos.

            3º CRITERIO XERAL

Se tras a aplicación dos anteriores criterios, houbese empates, estes desfaranse a favor do solicitante que tivera menos actividades académicas cursadas nos últimos cinco anos.

 

 

Criterio inexistente.

 

Orde alfabética de acordo co sorteo que celebra anualmente a Dirección Xeral da Función Pública para decidir a orde de actuación dos aspirantes en todas as probas selectivas.

           4º CRITERIO XERAL

Se atendendo ao anterior criterio se producise novamente un empate, acudirase ao criterio da orde alfabética de acordo co resultado do sorteo a que se refire o artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 95/1991, do 20 de marzo.

 

 

Reserva dunha cota non inferior ao 5% para persoas discapacitadas.

 

Reserva dunha cota non inferior ao 7% para persoas con discapacidade.

        5º CRITERIO XERAL

En todos os cursos do plan de formación continua reservarase unha cota non inferior ao 7 % para ser cuberta por persoas con discapacidade cun grao igual ou superior ao 33 %, que cumpran os requisitos obxectivos para ser destinatario da actividade. No caso de cursos que conten con varias edicións, as persoas con discapacidade admitidas poderán solicitar á EGAP a alteración da orde de prelación para seleccionaren localidade por motivos de dependencia persoal, dificultade de desprazamento ou outras análogas, que deberán ser debidamente acreditadas.

 

 

Adición dunha puntuación dun 20% para as persoas que tivesen gozado nos dous últimos anos dunha licenza de maternidade, un permiso de paternidade, unha redución de xornada por conciliación ou unha excedencia por coidado de familiares.

 

Adición dunha puntuación dun 5% para as persoas que tivesen gozado nos dous últimos anos dun permiso por motivos de conciliación da vida laboral, familiar e persoal e dunha excedencia por coidado de familiares.

                 6º CRITERIO XERAL

Terán dereito preferente a ser seleccionadas as persoas que, nos dous anos anteriores á súa solicitude para cursar unha actividade da EGAP, non fixesen cursos por ter desfrutado dalgún permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral ou dunha excedencia para o coidado de familiares. Para este fin, concederáselles a estas persoas unha puntuación adicional dun 5 % nos baremos que se apliquen para a selección.

 

Inclusión directa no DOG sen ter presentado este criterio no Consello Reitor de decembro de 2022: non ter feito cursos nos dous anos anteriores á solicitude.

Criterios en materia de xénero adoptados incumprindo a normativa de igualdade. Estes criterios e a orde de preferencia deberían ter sido implementados previa negociación coa representación do persoal, e deben aterse ao establecido nun plan de igualdade, previa diagnose da situación.

 

 

Criterios determinados en cada convocatoria.

 

 

Criterio de 2008 sen cambios.

              1º CRITERIO ESPECÍFICO

No caso de determinados cursos, conferencias, xornadas, seminarios, mesas redondas, congresos e participación en grupos de traballo, en función das características da acción formativa, dos seus destinatarios, obxectivos, eficacia, así como do interese da propia Administración, a EGAP poderá establecer na convocatoria criterios de selección específicos en substitución dos criterios xerais recollidos na anterior epígrafe.

 

 

 

Criterio inexistente.

 

Preferencia daquel persoal que tivese superado o nivel inmediatamente anterior no caso daqueles cursos que estean estruturados en varios niveis (coa posibilidade de reservar unha cota para aquelas persoas que, sen ter cursado o dito nivel anterior, acrediten posuír os coñecementos necesarios para participar no curso).

           2º CRITERIO ESPECÍFICO

No caso daqueles cursos que estean estruturados en varios niveis, terá preferencia para ser seleccionado aquel persoal que tivese superado o nivel inmediatamente anterior. Sen prexuízo do anterior, en cada convocatoria deste tipo de cursos poderase fixar unha cota das prazas ofertadas que se reservará para aquelas persoas que, sen ter cursado o dito nivel anterior, acrediten posuír os coñecementos necesarios para participar no curso.

 

 

 

Criterio inexistente.

 

 

Criterio inexistente.

        3º CRITERIO ESPECÍFICO

En caso de erros producidos durante a selección de participantes que non poidan ser emendados antes do inicio do curso de que se trate, a EGAP aplicará mecanismos de compensación para as persoas afectadas. Para este fin, poderán ser admitidas na seguinte edición do curso en cuestión ou no seguinte curso análogo que se convoque.

 

Criterio non incluido nos cambios presentados ao Consello Reitor de decembro de 2022.

No DOG do 07/06/2023 publican:

- RESOLUCIÓN do 30 de maio de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nas categorías 19, 32, 38 e 40 do grupo I de persoal laboral da Xunta de Galiza.

- RESOLUCIÓN do 30 de maio de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nas categorías 3, 4, 5, 6, 9, 35 e 39 do grupo II de persoal laboral da Xunta de Galiza e persoal laboral propio do Cixtec (grupo II).

- RESOLUCIÓN do 30 de maio de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nas categorías 3, 12, 15, 34, 36, 37, 43, 52, 54, 54B, 66, 71, 94, 98, 100, 101, 103 e 104 do grupo III de persoal laboral da Xunta de Galiza e persoal laboral propio do Cixtec (grupo III).

-RESOLUCIÓN do 30 de maio de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nas categorías 7, 20, 21, 24, 25, 31, 32, 33, 34, 37 e 39 do grupo IV de persoal laboral da Xunta de Galiza.

- RESOLUCIÓN do 30 de maio de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nas categorías 10B, 10C, 14 e 14A do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galiza.

As persoas aspirantes poderán consultar o estado das solicitudes de inscrición presentadas e a situación como admitidas ou excluídas en fides.xunta.gal

A listaxe completa de persoas aspirantes admitidas e excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, poderase consultar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal

Así mesmo, e segundo a base I.4 das que rexen o proceso selectivo, nesta listaxe figuran as persoas aspirantes que teñen pendente de acreditar que están en posesión do Celga requirido.

As persoas aspirantes excluídas, as que non figuren en ningunha das listaxes, así como aquelas persoas que non acreditaron estar en posesión do Celga requirido, disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza, para reclamar ou emendar o defecto que motivou a exclusión ou acreditar que posuían antes do día de finalización do prazo de presentación de solicitudes de participación no proceso selectivo o Celga que corresponda.

Procesos selectivos lei 20/2021
O mércores 7 de xuño saen no DOG os listados provisionais de admitidos e excluídos de 48 procesos selectivos de concurso de méritos da lei 20/2021. Non sairá o baremos se non simplemente si as persoas cumpren os requisitos ou non e si están ou non exentos do exame de galego.

Calendario de exames
Con respecto ás previsións publicadas en relación aos exames que comezan esta semana non hai modificacións nin incidencias, polo que se vai cumprir o calendario.

Promoción interna de corpos xerais
Despois de que na CIG avanzáramos que se queren saltar tres promocións internas e que non convocan mentres que os procesos de libre están convocados e teñen data, Función Pública nos di que teñen moito traballo cos procesos da lei 20/2021 e que de momento non vai haber promoción interna.

Persoal subalterno con discapacidade intelectual
Toman nota da petición de darlles destino definitivo e crear un catálogo de postos para as tomas de posesión e farán unha revisión. Tamén din que a estas persoas se lles está a dar unha formación específica.

Proceso selectivo de  Traballo Social
Publicarán o buzón de postos en canto corrixan unhas incidencias.

Procesos selectivos de persoal de incendios da OEP 2019
En xullo sairán os listados da fase de concurso.

Listas de substitucións de persoal de incendios
En canto se faga o proceso de funcionarización se procederá á fusión de listas seguindo o criterio de escalas/categorías sen ter en conta as especialidades.

Concursos de traslados
En xullo van negociar as bases dos concursos de traslados e intentar que as tomas de pose sexan simultáneas, tal e como defendeu a CIG tendo prioridade as persoas que concursan sobre as que aproben os procesos selectivos.

RPT de Política Social e do Consorcio
Este mes e o que ven se vai traballar coas dúas.

RPT de Educación e GAIN
Se negociarán a semana que vén e irán o xoves desa semana ao Consello da Xunta.

Pago de trienios en Medio Rural
Medio Rural está comunicando telefonicamente a persoas que cobraron trienios de máis que teñen que se lles vai descontar na seguinte nómina entre 600 ou 1.000 euros. Función Pública vai poñerse en contacto coa consellería para buscar outra solución.

Lei de incendios
Despois de que denunciásemos que non se levou a negociación, Función Pública se compromete a falar con Medio Rural para que dean unha explicación.

A Xunta aprobou un Anteproxecto de Lei integral para a loita contra incendios na Galiza sen ter negociado na Mesa Xeral de Empregados Públicos previamente cuestións que afectan ao persoal.

O Anteproxecto de Lei de loita integral contra os incendios forestais de Galiza está agora nos trámites de participación pública na páxina de transparencia, ademais na CIG vimos de recibir a comunicación da apertura do trámite de audiencia no eido social. Porén, previamente a aprobación do anteproxecto tíñanse que ter negociado as cuestións que afectan ao persoal coa sua representación directa.

O documento da lei contén cuestións que afectan ao persoal empregado público, tanto a nivel de funcións, formación continua, competencias e estrutura, requisitos para exercer os traballos na extinción, e outras máis xerais que poñen en risco a seguridade e saúde do persoal nos lumes.

A pesar de ter un efecto directo sobre as condicións de traballo do persoal funcionario e laboral, a día de hoxe non se abriu o proceso de negociación colectiva previo coas organizacións sindicais con representación na Mesa Xeral de Empregados Públicos. Por iso a CIG-Autonómica vén de rexistrar varios escritos dirixidos a consellería e a Función Pública na que esixe a negociación colectiva dos artigos que afectan as condicións laborais do persoal ou que sen facelo directamente poñen en risco a súa seguridade.

Rexeitamos que a formación continua do persoal pase de ser obriga da administración a ser obriga dos traballadores cando agora é un dereito.

Falase de profesionalidade mentres na práctica afonda na precariedade do persoal ao seguir a permitir contratos fixos-descontinuos de 6 meses e convenios para a contratación temporal.

Dá mostra de que a Xunta non quere asumir a sua responsabilidade como administración competente en materia de prevención e extinción de incendios, botando balóns fóra. E demostra que aínda non sabe ou ignora intencionadamente as funcións das escalas dos/as axentes ambientais dos que non lles pon ben nin a denominación.

Non define ben as responsabilidades na dirección técnica da extinción e exclúe ao persoal da Xunta que hoxe ten funcións na vixilancia e detección de lumes mentres lle outorga funcións a voluntarios/as e outras entidades foráneas. E, falta unha soa referencia a conservación do patrimonio etnográfico, cultural e natural nas queimas prescritas, infraestruturas preventivas, etc: así de integral ten pouco.

O territorio non é un compartimento estanco, repartible e vendible. Unha lei integral debe protexer as persoas e o medio ambiente e o patrimonio da Galiza dos incendios forestais. E para iso é fundamental que reforce aos profesionais na prevención e lles dea seguridade e tamén que elimine a precaridade no sector. Para iso non hai outra:

 Por un cadro de persoal profesional, multidisciplinar e 100 % público!!!

No DOG do 06/06/2023 publican a RESOLUCIÓN do 30 de maio de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se publican os requirimentos de emenda de documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 25 de novembro de 2022 polo que se convoca o procedemento de acceso aos graos I e II do complemento de desempeño do posto de traballo para o persoal laboral.

Publican a listaxe de solicitudes que deberán acreditar o cumprimento dalgún dos criterios de avaliación exixidos porque non consta a dita información no Rexistro Central de Persoal. Tal relación vén recollida no anexo desta resolución.

Segundo os artigos 14 e 16 da Orde do 25 de novembro, os anteditos criterios de avaliación deberán cumprirse o 31.12.2021, polo que non serán válidos os cursos feitos con posterioridade a esa data. Tampouco serán válidos os cursos convocados, organizados ou impartidos por organismos que non estean especificamente indicados nos artigos 15 e 17 da antedita orde.

Cada mérito deberá acreditarse documentalmente segundo o indicado no anexo da Orde do 25 de novembro.

A acreditación dos méritos descritos na letra a) Formación do dito anexo realizarase de xeito electrónico a través do sistema Fides, http://fides.xunta.gal segundo as axudas e instrucións habilitadas para o efecto.

Para cada mérito deberán completarse os datos solicitados no formulario.

Sempre que se dispoña de documentos acreditativos electrónicos orixinais ou copias electrónicas auténticas, estas achegaranse electronicamente no formulario e presentarase electronicamente a solicitude de actualización do mérito.

Só para aqueles méritos para os que o solicitante non dispoña, nin poda dispoñer, de documentos acreditativos electrónicos orixinais ou copias electrónicas auténticas, o solicitante deberá, unha vez cuberta a información do mérito no sistema Fides, xerar a solicitude de actualización do mérito e presentala presencialmente acompañada dos documentos acreditativos en calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

O prazo para a presentación das solicitudes iniciarase o día 7.6.2023 e será de 15 días hábiles.

As persoas solicitantes relacionadas no anexo son requiridas para que, no prazo máximo de 15 días hábiles a partir do día 7.6.2023, acheguen os documentos preceptivos segundo o procedemento establecido no punto anterior. De non facelo, teranse por desistidas na súa petición, logo de resolución, que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Recibimos documentación e convocatorias de xuntanzas para o venres 09/06/23, para tratar unhas propostas de modificación da relación de postos de traballo (RPT) do Consello Consultivo de Galiza e da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

Proposta de RPT do Consello Consultivo de Galiza: descargar.

Proposta de RPT da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Unversidades: descargar.

Outras novas recentes

Mércores, 17 Abril 2024

Criterios de repartición do Fondo de Acción Social do ano 2023

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos o borrador de criterios de repartición do Fondo de Acción Social (FAS) para o exercicio económico 2023, con vista a unha vindeira xuntanza de negociación. Na proposta que achegan non se recuperan as modalidades do FAS que tiñamos antes dos recortes da Lei 1/2012, de medidas temporais en determinadas materias do emprego público...
Venres, 12 Abril 2024

Recurso de reposición ao concurso ordinario de traslados de ciencias+enxeñarías+arquitectura

A CIG presentou un recurso de reposición á Resolución que convocou o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de escalas de enxeñarías, arquitectura, arquitectura técnica e ciencias (administración especial). No recurso solicitamos unha relación das prazas que desapareceron do concurso, con información polo miudo de cada unha delas. Tamén da...
Venres, 19 Abril 2024

A Xanela (boletín de CIG-Autonómica, abril/2024)

Neste boletín de CIG-Autonómica falamos de: - Concursos de traslados e as 1.100 prazas bloqueadas- Concurso específico- Campaña pola xornada de 35 horas semanais e as semanas de 4 días- Lentitude dos procesos selectivos- Condicións de traballo do persoal non docente de centros de ensino- Como recibir información da CIG-Autonómica.