Publicada a data do primeiro exercicio de acceso libre, e ampliación de prazo do segundo exercicio de promoción interna, para o grupo V-001. Tamén publicada a amplliación de prazo para auxiliar de enfermaría.

O DOG do 25/03/2019 publica a Resolución pola que se fai pública a data de realización do primeiro exercicio das oposicións de acceso libre á categoría 001 do grupo V (camareiro/a-limpador/a-Axudante/a de cociña) de persoal laboral fixo da Xunta de Galiza.

O exercicio terá lugar o día 14 de abril, nos pavillóns 1 e 2 do recinto da Feira Internacional de Galiza en Silleda, en chamamento único que comezará ás 16:00 horas.

As persoas aspirantes teñen que levar o DNI e lapis do número dous e goma de borrar.

Ao día seguinte, DOG do 26/03/2019, publican a Orde pola que amplian o prazo para realizar o segundo exercicio do proceso selectivo da categoría V-001 pola quenda de promoción interna e cambio de categoría.

No mesmo DOG do 26/03/2019, publican a orde pola que amplían o prazo para a realización do segundo exercicio do proceso selectivo da categoría V-003 (auxiliar de enfermaría) pola quenda de promoción interna e cambio de categoría.