A EGAP acollerá a partir do 24 de setembro o Curso superior de administración electrónica, convocado en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG).
 
Obxectivos: afondar, desde unha perspectiva técnico-xurídica, na concepción da Administración electrónica, incidindo na importancia que ten a súa implantación nas distintas administracións da nosa comunidade. Os contidos do programa enfocarán desde distintas perspectivas a Administración electrónica para que as persoas ás que se dirixe adquiran ou perfeccionen os coñecementos teóricos e prácticos da informática e do dereito, completando a súa formación no dereito da informática.

Persoas destinatarias: persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica e entidades instrumentais da Comunidade Autónoma de Galicia que se encadren nalgunha das seguintes categorías:

a) Grupo A (subgrupos A1 e A2) do persoal funcionario
b) Grupos I e II do persoal laboral

De non se cubrir a totalidade das prazas convocadas, as vacantes que resulten poderán cubrirse por persoal empregado público das devanditas categorías, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración local, da Administración de xustiza e das universidades do Sistema universitario de Galicia.

Prazas: 80
Lugar: EGAP, rúa Madrid, 2-4. Santiago de Compostela
Datas: do 24 de setembro ata o 22 de outubro de 2019
Duración: 114 horas lectivas (30 horas de clases prácticas presenciais e 84 de teleformación). As clases prácticas presenciais desenvolveranse os días 24 de setembro; 1, 8, 15 e 22 de outubro de 2019.
Horario das clases presenciais: pola mañá, de 11.00 a 14.00 horas; e pola tarde, de 16.00 a 19.00 horas

Matrícula: desde as 8 horas do 25 de xullo ata as 23.55 horas do 16 de setembro en https://egap.xunta.gal/matricula

Máis información no DOG do 24 de xullo ou na ficha do curso