No DOG Núm. 159 do venres 23 de agosto de 2019 publícase a convocatoria do Curso de prevención de riscos laborais de nivel básico en convenio da EGAP co ISSGA. Este curso proporciona a formación que establece o anexo IV do Regulamento dos servizos de prevención (Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro) que capacita para o desenvolvemento das funcións de nivel básico en prevención de riscos laborais.

Poderán participar os/as empregados/as públicos/as que se encontren en situación de servizo activo, permiso por maternidade ou paternidade, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun/dunha fillo/a ou familiar, os/as traballadores/as por conta allea ou autónomos/as, empresarios/as e aquelas persoas con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.

O prazo de presentación de solicitudes será do 26 de agosto ao 4 de setembro de 2019.

As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo https://egap.xunta.gal/matricula desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes ata as 23.55 horas da data de finalización.

Modalidade: teleformación.
Duración: 60 horas edición.
Edicións: tres.
Datas: do 24 de setembro ao 21 de novembro de 2019.
Proba final presencial: o día 21 de novembro ás 10.00 horas.
Prazas: 75 por edición.

Máis información no DOG e na ficha do curso.