Publicada no DOG Núm. 170 do luns 9 de setembro de 2019, resolución do 30 de agosto de 2019, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproba a relación provisional de admitidos e excluídos do concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escalas do Servizo de Gardacostas de Galicia, convocado pola Resolución do 8 de maio de 2019.

As persoas excluídas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia para, de ser o caso, poder emendar o defecto que motivou a exclusión. O formulario de reclamación estará á disposición das persoas interesadas no portal web corporativo da Xunta de Galicia e deberá presentarse no Rexistro Xeral da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nas xefaturas territoriais e/ou oficinas comarcais da dita consellería ou nos demais lugares previstos no artigo 16, relativo a rexistros, da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Para estes efectos, a estimación ou desestimación das ditas peticións de emenda entenderanse implícitas na resolución pola cal se publique a listaxe definitiva.