Publicada no DOG Núm. 171 Martes do 10 de setembro de 2019, RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 2019, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fai público o procedemento para a acreditación dos méritos correspondentes á fase de concurso do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1.

De acordo co establecido na base II.1.2 da convocatoria, os méritos a baremar na fase de concurso deberán referirse á data de publicación da convocatoria, que foi o 8 de marzo de 2018.

No prazo dos 10 días hábiles seguintes ao da publicación polo tribunal no DOG das notas do terceiro exercicio da fase de oposición ou da resolución pola que se declare a todas as persoas aspirantes exentas deste, as persoas aspirantes actuarán do seguinte xeito:

Deberán acceder á seguinte páxina web: https://matrhix.xunta.es/neo/index.jsp na que poderán comprobar os méritos que teñen rexistrados no seu expediente electrónico.

Para acceder poderá empregar calquera dos seguintes métodos de acceso:

• Certificado electrónico.

• Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).

•Usuario/chave do Directorio electrónico da Xunta (son as mesmas credenciais coas que acceden aos seus ordenadores).