Publicada no DOG Núm. 175 Luns, 16 de setembro de 2019, RESOLUCIÓN do 5 de setembro de 2019 pola que se convoca o Curso superior de técnico de urbanismo 2019/20.

O curso está dirixido a aqueles/as profesionais que se encadren nalgunha das situacións seguintes:

1. Persoal empregado público das administracións públicas galegas, pertencente aos seguintes grupos:

– Persoal funcionario: subgrupos A1 e A2.

– Persoal laboral: grupos I e II.

2. Arquitecto/a colexiado/a no Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.

3. Persoal contratado polas administracións públicas cun contrato de servizos ou equivalente así como profesionais interesados/as. É requisito imprescindible, nos dous casos, estar en posesión da titulación de doutoramento, licenciatura, diplomatura, grao, arquitectura, enxeñaría, arquitectura técnica ou enxeñaría técnica.

O prazo para a inscrición estará aberto desde as 8.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.00 horas do día 30 de setembro de 2019 ou ben ata que se cubra a totalidade das prazas dispoñibles. As persoas interesadas deberán formalizar a súa inscrición cubrindo o formulario que para ese efecto figurará na páxina web do COAG http://www.coag.es.