Publicada no DOG Núm. 178 Xoves, 19 de setembro de 2019, RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2019 pola que se convoca o curso Formación sobre o Plan de xestión de emerxencias para persoal de parques naturais.

Poderá participar nas accións formativas convocadas mediante esta resolución o persoal do Parque Natural do Invernadeiro, Parque Natural de Enciña de Lastra e o Parque Natural do Monte Aloia da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

Así mesmo poderá participar persoal dos servizos de Patrimonio Natural das xefaturas territoriais de Ourense e Pontevedra así como do Servizo de Parques Naturais da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda que desenvolva funcións relacionadas cos devanditos parques naturais que se atopen en situación de servizo activo, permiso por maternidade/paternidade, adopción ou excedencia polo coidado dun/dunha fillo/a ou dun familiar e que reúnan os requisitos establecidos nesta convocatoria.

O prazo de presentación de solicitudes será de dez días a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo https://egap.xunta.gal/matricula.