No DOG Núm. 179 Venres, 20 de setembro de 2019, publícase RESOLUCIÓN do 13 de setembro de 2019 pola que se convocan cursos na área de incendios forestais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Poderán participar nas accións formativas convocadas nesta resolución os/as empregados/as públicos/as da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, das entidades locais así como profesionais interesados na área de incendios forestais da Comunidade Autónoma de Galicia que se encontren en situación de servizo activo, permiso por maternidade ou paternidade, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun/dunha fillo/a ou familiar e que reúnan os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo https://egap.xunta.gal/matricula desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

Cursos convocados:

  • Código: CV19025. - Curso de incendios forestais: categoría xefe/a de brigada.
  • Código: CV19021. - Curso de incendios forestais: categoría condutor/a de motobomba.
  • Código: CV19022. - Curso de incendios forestais: categoría de emisorista.
  • Código: CV19023. - Curso de incendios forestais: categoría de técnico/a de base.
  • Código: CV19024. - Curso de incendios forestais: categoría de técnico/a de brigada helitransportada.