No DOG Núm. 182 Mércores, 25 de setembro de 2019 publícase a resolución do 18 de setembro de 2019, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 1 de marzo de 2018 (Diario Oficial de Galicia número 48, do 8 de marzo), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Convocar para a realización do terceiro exercicio os aspirantes que, de acordo co disposto na base II.1.1.3. da convocatoria, non presentaron correctamente a documentación xustificativa de estar en posesión do Celga 3 ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo).

Que este terceiro exercicio da fase de oposición terá lugar o día 1 de outubro de 2019, e que o lugar de realización será a sala D da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (edificio da pirámide San Caetano, s/n, Santiago de Compostela), en chamamento único que se iniciará ás 16.00 horas.

O exercicio consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de trinta (30) preguntas tipo test con catro (4) respostas alternativas das que só unha delas será a correcta, máis tres (3) preguntas de reserva, mediante o cal se evidencie o coñecemento da lingua galega.