Publicada no DOG Núm. 184 Venres, 27 de setembro de 2019 RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2019, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Orde do 31 de marzo de 2017 (Diario Oficial de Galicia número 69, do 7 de abril), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

O segundo exercicio do proceso selectivo terá lugar o día 3 de outubro de 2019, a partir das 10.00 horas, no Seminario A, planta 1ª da Egap (Escola Galega de Administración Pública), sita na rúa de Madrid, 2, Santiago de Compostela.