No DOG do 10/02/2020 publican a Resolución da EGAP pola que convocan cursos de linguaxe administrativa e xurídica galega para o persoal ao servizo das distintas administracións da Comunidade Autónoma de Galiza para o ano 2020. 

En total convocan 26 cursos de linguaxe administrativa, e cinco de linguaxe xurídica, en modalidades de teleformación e presencial, con 25 prazar por curso, ao longo do ano 2020.

O prazo de presentación de solicitudes será de oito días contados a partir do seguinte ao de publicación no DOG.