No DOG do 27/05/2020 publícase a Resolución pola que se continúa o prazo de presentación de solicitudes e se adía a realización das probas convocadas mediante a Resolución do 6 de marzo de 2020 para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2020 (código de procedemento PL500C).

O prazo de presentación de solicitudes será de catorce días contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

A realización das probas adíase ata o mes de setembro e/ou outubro de 2020, sempre que a evolución da crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 o permita. As datas concretas serán debidamente publicitadas no DOG, así como na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal)