No DOG do 2 de novembro infórmase da realización dos trámites oportunos para publicar as listaxes de persoas aspirantes, así como persoas exentas, que superaron o terceiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral, subgrupo A2, escala de xestión de sistemas de informática.

As persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas en relación coas puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao de publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

No mesmo DOG publícase tamén o procedemento que se debe seguir para a acreditación dos méritos correspondentes á fase de concurso deste proceso selectivo. Os méritos que se van baremar na fase de concurso deberán referirse á data de publicación da convocatoria, que foi o 8 de marzo de 2018.

No prazo de dez (10) días hábiles seguintes ao da publicación polo tribunal no DOG das notas do terceiro exercicio da fase de oposición, as persoas aspirantes actuarán conforme ao exposto no citado procedemento.