O DOG do 17 de febreiro recolle unha modificación das listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas publicadas nos DOG do 5 de xuño, 16 de xullo e 22 de decembro de 2020, respectivamente, dos seguintes procesos selectivos:

  • Ingreso no corpo superior da Administración xeral, subgrupo A1. Ir á resolución.
  • Ingreso no corpo de xestión da Administración xeral, subgrupo A2 (promoción interna). Ir á resolución.
  • Ingreso no corpo de xestión da Administración xeral, subgrupo A2, escala técnica de seguridade e saúde no traballo, especialidade de seguridade no traballo. Ir á resolución.