Novas por contido

No DOG do 23/06/2021 publican o día hora e lugar de realización do primeiro exercicio:

-  o 7 de xullo de 2021, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, nas aulas 2 e 11 da Escola Galega de Administración Pública, situada na rúa Madrid 2-4 (As Fontiñas) de Santiago de Compostela o primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala superior de estatísticos/ as, convocado pola Orde do 22 de abril de 2019

- o 3 de xullo de 2021, en chamamento único que se iniciará ás 9.00 horas, no recinto da Feira Internacional de Galiza en Silleda o relativo ao proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, convocado pola Orde do 7 de xaneiro de 2020

- o 3 de xullo de 2021, con horario de chamamento ás 16.30 horas na Feira Internacional de Galiza en Silleda o relativo ao proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 7 de xaneiro de 2020 (DOG número 21, do 31 de xaneiro)

- o 4 de xullo de 2021, en horario de dúas quendas (8.45, 9.00 e 9.15 horas para a quenda de mañá, e ás 16.15, 16.30 e 16.45 horas para a quenda de tarde, segundo a listaxe que publicará a Dirección Xeral de Función Pública na web corporativa) o relativo ao proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo AP. As sedes en que se realizará o exercicio e a distribución das persoas aspirantes serán en relación co domicilio fixado na solicitude de participación no proceso selectivo

- o 4 de xullo de 2021, en horarios de dúas quendas (8.45, 9.00 e 9.15 horas para a quenda de mañá, e ás 16.15, 16,30 e 16,45 horas para a quenda de tarde, segundo a listaxe que publicará a Dirección Xeral de Función Pública na web corporativa) na Feira Internacional de Galiza en Silleda, o relativo ao proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 003 do grupo V (ordenanza e outras) do persoal laboral fixo da Xunta de Galiza. 

Outras novas recentes

Venres, 19 Abril 2024

A Xanela (boletín de CIG-Autonómica, abril/2024)

Neste boletín de CIG-Autonómica falamos de: - Concursos de traslados e as 1.100 prazas bloqueadas- Concurso específico- Campaña pola xornada de 35 horas semanais e as semanas de 4 días- Lentitude dos procesos selectivos- Condicións de traballo do persoal non docente de centros de ensino- Como recibir información da CIG-Autonómica.
Luns, 15 Abril 2024

Comisión de seguimento do Acordo do SPIF

Tras a xuntanza da Comisión de seguimento do acordo de condicións do persoal funcionario do SPIF do 10 de abril, a Consellería de Medio Rural enviounos un documento cunha proposta das quendas que quere implantar. Dende a CIG queremos manifestar que fomos facendo distintas achegas, pero tendo en conta que parece ser que a Consellería non quere negociar máis imos facer a nosa...
Xoves, 11 Abril 2024

O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar incumpre a normativa de conciliación da vida familiar e laboral

O Consorcio introduce unha cláusula nas resolucións de reducións de xornada que impide que o persoal poida desfrutar do dereito á conciliación mentres non se cubra con persoal substituto a franxa horaria na que reduce a xornada. A CIG levamos anos denunciando a situación que se produce na concesións de reducións de xornada por conciliacións, incumprindo o artigo 37.7 do...