No DOG do 01/07/2021 publican diversos acordos do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, no corpo facultativo superior da escala de facultativos de servizos sociais, especialidade psicoloxía, convocado pola Orde do 4 de novembro de 2019.

Entre outros acordos, publican as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas que superaron o primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior da escala de facultativos de servizos sociais, especialidade psicoloxía, da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, e as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas que superaron os mínimos establecidos na base II.1.1.1 da convocatoria pero non superaron o exercicio e aos que se lles asignou unha puntuación inferior a 30 puntos, no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal.

As persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio disporán dun prazo de dez días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar a documentación xustificativa de estar en posesión do Celga 4 ou título equivalente.