No DOG do 02/07/2021 publican diversos acordos do proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 020 do grupo II, terapeuta ocupacional, de persoal laboral fixo da Xunta de Galiza, convocado pola Orde do 4 de novembro de 2019.

Entre outros, publican as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas que superaron o primeiro exercicio.

As persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio dispoñerán dun prazo de dez días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar a documentación xustificativa de estar en posesión do Celga 4 ou o equivalente.