No DOG do 07/07/2021 publican a data, hora e lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo para aquelas persoas aspirantes que tiveron contaxio ou contacto estreito con persoas contaxiadas pola COVID-19, relativo ao proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019.

O segundo exercicio da oposición terá lugar o 12 de xullo de 2021, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas na aula 8 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), no Polígono das Fontiñas, na rúa de Madrid, 2-4, en Santiago de Compostela.