No DOG do 30/07/2021 regulan o nomeamento de persoal interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galiza, e se aproba o modelo normalizado de solicitude (código de procedemento AP522U).

Esta orde será de aplicación ás listas únicas que se elaboren, ao abeiro da disposición transitoria segunda do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, para a cobertura transitoria de postos reservados a persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza e de entidades públicas instrumentais do sector público autonómico incluídas no artigo 45.a) da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galiza.

As persoas admitidas nas listas das categorías profesionais de persoal laboral funcionarizadas incluiranse nas listas únicas para a cobertura transitoria de postos de persoal funcionario nos corpos, escalas ou especialidades declaradas equivalentes no anexo do Decreto 165/2019, do 26 de decembro, nas condicións establecidas nesta orde.

As persoas integrantes das listas de contratación temporal de persoal laboral de categorías profesionais funcionarizadas interesadas en incluírse en listas en xestión de persoal funcionario dun corpo, escala ou especialidade declarados equivalentes, deberán presentar solicitude para a súa inclusión nelas, resultando admitidos sempre que cumpran os requisitos legais para o acceso ao corpo, escala ou especialidade correspondente.