No DOG do 30/08/2021 publican o seguinte:

- RESOLUCIÓN do 24 de agosto de 2021 pola que se modifica o anexo da Resolución do 26 de abril de 2021 pola que se convoca o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo de xestión de administración xeral e do corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo II do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galiza, mediante o seu cambio de vínculo xurídico.

- RESOLUCIÓN do 24 de agosto de 2021 pola que se modifica o anexo da Resolución do 12 de maio de 2021 pola que se convoca o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo auxiliar de Administración xeral e do corpo de auxiliares de carácter técnico da Administración especial, subgrupo C2, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes aos grupos IV e V do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galiza, mediante o seu cambio de vínculo xurídico.

- RESOLUCIÓN do 24 de agosto de 2021 pola que se modifica o anexo da Resolución do 12 de maio de 2021 pola que se convoca o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira da agrupación profesional de persoal funcionario do persoal laboral fixo de varias categorías pertencentes ao grupo V do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galiza, mediante o seu cambio de vínculo xurídico.