No DOG do 01/09/2021 publican:

- RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 2021, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre, para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 (DOG número 224, do 25 de novembro), pola que se dá publicidade de diversos acordos.

- ACORDO do 9 de agosto de 2021, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019, polo que se dá publicidade de diversos acordos.

Entre outros, revisan as alegacións presentadas, anulan preguntas, establecen a puntuación mínima para superar o exercicio, e publican as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas.

As persoas aspirantes dispoñen dun prazo de dez días hábiles contados desde o día seguinte desta publicación no DOG para presentar o Celga que corresponda ou o título equivalente debidamente homologado.