No DOG do 13/09/2021 publican a RESOLUCIÓN do 2 de setembro de 2021, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala superior de estatísticos/ as, convocado pola Orde do 22 de abril de 2019, da Consellería de Facenda, pola que se fan públicos a data, o lugar e a hora de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

O segundo exercicio terá lugar o día 23 de setembro de 2021, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, na aula 11 da Escola Galega de Administración Pública, situada na rúa Madrid, 2-4, As Fontiñas, Santiago de Compostela.