No DOG do 06/10/2021 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 2021 pola que se convoca un curso de prevención de riscos laborais: primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación.

Poderá participar na acción formativa convocada nesta resolución o persoal que presta servizos nos seguintes centros de traballo da provincia de Lugo: Instituto Galego da Vivenda e Solo e Axencia de Protección da Legalidade Urbanística.

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG ata o 14 de outubro de 2021.