No DOG do 07/10/2021 publican a RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2021, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade de enfermaría, de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza (subgrupo A2), convocado pola Orde do 31 de outubro de 2019 (DOG número 211, do 6 de novembro), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar na aula 7 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) (rúa de Madrid, 2-4, polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña) o día 13 de outubro de 2021, en chamamento único que se iniciará as 16.00 horas.