No DOG do 08/10/2021 publican:

- RESOLUCIÓN do 4 de outubro de 2021, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, na escala de facultativo superior de servizos sociais, especialidade en medicina, da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, convocado pola Orde do 4 de novembro de 2019, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar na aula 7 da Escola Galega de Administración Pública (rúa de Madrid, 2, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña) o día 14 de outubro de 2021, en chamamento único que se iniciará as 16.00 horas.

- RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2021 do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade traballo social, da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, convocado pola Orde do 4 de novembro de 2019, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar na Aula 10 da Escola Galega de Administración Pública (rúa de Madrid, 2, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña) o día 14 de outubro de 2021 en chamamento único que se iniciará as 16.00 horas.