No DOG do 08/10/2021 publican a RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 2021 do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG número 47, do 7 de marzo), pola que se fai pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo.

Publican a relación de persoas que superaron o proceso selectivo e as propoñen para o seu nomeamento como funcionarias de carreira.