No DOG do 15/10/2021 publican a RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2021 do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo AP.

Resolven reclamacións e unha vez feita a corrección dos exames, acadou a puntuación mínima de 15 puntos un total de 1.034 aspirantes e fixouse en 41,25 o número de respostas correctas para acadar a dita puntuación, unha vez feitas as deducións segundo o establecido na base II.1.1.1 da convocatoria; acordouse publicar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal os resultados obtidos polas persoas aspirantes que se presentaron ao primeiro exercicio.

De conformidade co disposto na base II.1.1.2 da convocatoria, as persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio disporán dun prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentaren a documentación xustificativa de estar en posesión do Celga 2 ou o equivalente.