No DOG do 20/10/2021 publican a RESOLUCIÓN do 13 de outubro de 2021, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo de consolidación de emprego temporal para o acceso a postos de auxiliar administrativo (subgrupo C2), convocado mediante o Acordo da Comisión de Goberno do Consello de Contas de Galiza do 13 de xullo de 2020 (DOG número 148, do 24 de xullo).

Unha vez feita a corrección dos exames en sesión do 11 de outubro de 2021, de acordo cos criterios anteriores, acadou a puntuación mínima de 15 puntos un total de 113 aspirantes.

Acordouse publicar no portal web do Consello de Contas de Galiza (https:// www.ccontasgalicia.es/gl/content/taboleiro-de-novas-de-procesos-selectivos) os resultados obtidos polas persoas aspirantes que se presentaron ao primeiro exercicio.