No DOG do 16/12/2021 publican a RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 2021, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se amplía o prazo máximo para presentar solicitudes establecido pola Resolución do 23 de novembro de 2021 pola que se acorda a apertura de novas listas para a incorporación de solicitudes para o nomeamento de persoal funcionario interino do corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala de persoal de servizos xerais (PSX), e do corpo de auxiliares de carácter técnico de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala de xerocultor/a (subgrupo C2).

O prazo para a presentación de solicitudes rematará o 23 de decembro de 2021.