No DOG do 26/08/2022 publican a RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras do IV Premio empregados/as públicos/as innovadores/as e se convoca para o ano 2022 (código de procedemento IN822D).

Poderá participar nesta convocatoria todo o persoal funcionario e laboral, incluído no artigo 4.a), 4.c) e 4.e) da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galiza.

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte da publicación desta resolución no DOG e rematará o 30 de setembro de 2022.