No DOG do 28/10/2022 publican a RESOLUCIÓN do 25 de outubro de 2022, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas definitivas para o nomeamento de persoal funcionario do corpo de axudantes de carácter facultativo, escala de axentes facultativos ambientais da Xunta de Galiza.

As listas poderán consultarse no portal web corporativo da Xunta de Galiza, http://funcionpublica.xunta.gal, epígrafe de <listas de contratacion>, no Servizo de Atención e Información á Cidadanía a través do teléfono 012 e nas oficinas de rexistro e atención á cidadanía da Xunta de Galiza (oficinas dos edificios administrativos da Vicepresidencia Primeira e Consellaría de Presidencia, Xustiza e Turismo).

As listas entrarán en vigor a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.