No DOG do 08/02/2023 a Axencia de Turismo de Galicia publica:

- RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de dúas bolsas de formación práctica na Área de Estudos e Investigación e se procede á súa convocatoria para os anos 2023 a 2025 por anticipado de gasto (código de procedemento TU981C).

- EXTRACTO da Resolución do 17 de xaneiro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de dúas bolsas de formación práctica na Área de Estudos e Investigación e se procede á súa convocatoria para os anos 2023 a 2025 por anticipado de gasto (código de procedemento TU981C).

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o derradeiro do mes.