No DOG do 21/04/2023 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 14 de abril de 2023 pola que se convocan tres webinarios sobre boas prácticas na xestión pública, mellora regulatoria e regulación intelixente: instrumentos de simplificación e redución de cargas administrativas para a dinamización económica.

Esta actividade está dirixida ao persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega, das súas entidades públicas instrumentais e da Administración institucional, así como ao persoal empregado público da Administración local de Galiza.

Os prazos para a inscrición serán os seguintes:

• Para o webinario 1, que se desenvolverá o día 8 de maio, o prazo de matrícula estará aberto desde as 9.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG ata as 23.59 horas do día 2 maio de 2023.

• Para o webinario 2, que se desenvolverá o día 22 de maio, o prazo de matrícula estará aberto desde as 9.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG ata as 23.59 horas do día 15 maio de 2023.

• Para o webinario 3, que se desenvolverá o día 29 de maio, o prazo de matrícula estará aberto desde as 9.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG ata as 23.59 horas do día 24 maio de 2023.