No DOG do 27/04/2023 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 20 de abril de 2023 pola que se convocan cursos de formación en prevención de riscos laborais: primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación.

Poderá participar na acción formativa convocada mediante esta resolución o persoal dos equipos de alarma e evacuación; de primeira intervención e de primeiros auxilios, así como o persoal que exerza a xefatura de emerxencia e/ou primeira intervención, dos seguintes centros de traballo de Ourense:

– Oficina de Emprego da rúa Progreso, 11, 32071.

– Oficina de Emprego da rúa San Francisco Blanco, 2, 32071.

– Edificio Administrativo de Ourense, avda. da Habana, 79, 32003.

As actividades formativas realizaranse cos requirimentos, a duración e as condicións que para cada unha delas se indiquen na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web <https://egap.xunta.gal>.

O acceso será a través da páxina web da EGAP: <https://egap.xunta.gal>, e unha vez dentro haberá que seguir as seguintes instrucións:

1. É preciso estar rexistrado na área de matrícula da EGAP. Para iso hai que premer na icona «área de matrícula» da páxina web da EGAP e rexistrarse premendo en «rexistrar unha conta para acceder ás aplicacións», situada na parte inferior da pantalla (no caso de que o/a traballador/a xa estivese rexistrado/a, este paso non será necesario).

2. A EGAP realizará a matriculación do alumnado indicado polo Servizo de Prevención de Riscos Laborais.

3. Unha vez rexistrado/a e matriculado/a, poderá acceder ao curso o día do seu comezo.