No DOG do 29/05/2023 publican a RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2023 pola que se resolve o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala superior de finanzas, e do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala técnica de finanzas, convocado pola Resolución do 14 de xullo de 2021.

Adxudican e fan públicas as adxudicacións de postos de traballo que se relacionan no anexo I ás persoas que nel se especifican. Esta información atópase á disposición das persoas interesadas no portal web corporativo da Xunta de Galicia, http:// funcionpublica.xunta.gal, na epígrafe​ <concurso de traslados>.

Diferen os prazos posesorios derivados da resolución do concurso ata que se publique no DOG a resolución pola que se indique a data de inicio dos ditos prazos.