No DOG do 30/05/2023 publican a RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2023 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galiza do 19 de maio de 2023, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo referente ao proceso de funcionarización de postos de traballo do persoal laboral da Xunta de Galiza e clasificación na escala técnica do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidade de bombeiro/a forestal xefe/a de brigada, do corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galiza, do grupo B; na escala auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidades de bombeiro/a forestal-condutor/a de motobomba, emisorista-vixilante fixo/a e bombeiro/a forestal, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial, subgrupo C2; e no corpo auxiliar de Administración xeral, subgrupo C2.