No DOG do 07/09/2023 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2023 pola que se convoca o Curso superior en protección de datos.

O curso está dirixido ao persoal empregado público en situación de servizo activo ou asimilada da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, das súas entidades públicas instrumentais e da Administración institucional que se encadre nas seguintes categorías:

• Grupo A (subgrupos A1 e A2) do persoal funcionario.

• Grupos I e II do persoal laboral.

No caso de non se cubrir a totalidade das prazas convocadas, ás vacantes que resulten poderá acceder o persoal empregado público das ditas categorías, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración local, das universidades do Sistema universitario de Galiza e da Administración de xustiza.

O prazo para a inscrición permanecerá aberto desde as 9.00 horas do primeiro día hábil seguinte ao da publicación desta resolución no DOG ata as 23.59 horas do día 14 de setembro de 2023.