No DOG do 19/09/2023 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2023 pola que se convoca o curso Modelización e axuste estacional de series de alta frecuencia.

Esta actividade está dirixida ao persoal que presta servizos no Instituto Galego de Estatística (IGE).

No caso de non se cubrir a totalidade das prazas convocadas, poderá acceder ás vacantes que resulten o persoal empregado público ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, das súas entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

O prazo para presentar solicitudes permanecerá aberto desde as 9.00 horas do día seguinte á publicación desta resolución no DOG ata as 23.59 horas do día 21 de setembro de 2023.