No DOG do 10/11/2023 publican a RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2023 pola que se publica o I Plan de igualdade da Xunta de Galiza.

O obxectivo principal do I Plan de igualdade da Xunta de Galiza é conformar un marco de referencia para a actuación dos poderes públicos en materia de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes en Galicia, presentando un conxunto ordenado de medidas avaliables dirixidas a remover os obstáculos que impiden ou dificultan a igualdade efectiva de mulleres e homes e eliminar a discriminación por razón de sexo na Administración xeral da Xunta de Galiza.