No DOG do 11/12/2023 publica a ORDE do 27 de novembro de 2023 pola que se resolve o procedemento de integración como persoal laboral da Xunta de Galiza do persoal laboral fixo do Consello Económico e Social de Galiza.

A integración suporá a novación da relación contractual e comportará a formalización dun contrato de traballo como persoal laboral fixo da Administración xeral da Xunta de Galiza, debendo tomar posesión no prazo de seis días hábiles desde o 1 de xaneiro de 2024, salvo que se atope gozando dun período de licenza, vacacións ou permiso, en cuxo caso o cómputo comezará o día seguinte ao da súa reincorporación ao posto de traballo. Os efectos económicos do cesamento serán os do último día do mes no que este se produza, sendo, en consecuencia, os efectos económicos da toma de posesión do novo destino o primeiro día do mes seguinte ao do cesamento.