No DOG do 10/01/2024 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2023 pola que se publica o Plan de formación para o ano 2024.

Publícase como anexo a esta resolución o Plan de formación para o ano 2024 do persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional, do persoal ao servizo das entidades locais, do persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galiza, do persoal de administración e servizos das universidades galegas, así como as actividades enmarcadas no portal de idiomas, o Plan de formación igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero, as actividades de formación en competencias dixitais (ComDix), o programa de formación do Instituto de Economía Pública de Galiza e o programa de autoformación, dirixido a todos os destinatarios mencionados.

Esta resolución ten carácter informativo e que a execución das accións recollidas nela queda condicionada á existencia de crédito orzamentario adecuado e suficiente e ao que se estipule en cada convocatoria.

Para acceder ás accións formativas recollidas neste plan, será preciso formalizar matrícula, despois de que se publiquen no Diario Oficial de Galiza as correspondentes convocatorias.