No DOG do 18/01/2024 publica a RESOLUCIÓN do 12 de xaneiro de 2024, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas definitivas para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario de determinadas escalas de persoal sanitario da Xunta de Galiza.

Fan públicas as listas definitivas para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario dos corpos, escalas e especialidades que se relacionan no anexo I desta resolución.

As listas poderán consultarse no portal web corporativo da Xunta de Galiza, http://funcionpublica.xunta.gal, epígrafe de <Listas de contratación> e no Servizo de Atención e Información á Cidadanía a través do teléfono 012.